

É que teño o corazón de auga derretida desbordando
vasos e piscinas
e veñen as augas zoando como corsarios
dos mares da palabra.
Denuncia do equilibrio (1986)

a autora
Xela Arias escribe contos e ofrece recitais poéticos desde moi nova. En 1980, con tan so 18 anos, implícase na fundación de Edicións Xerais, editorial na que desenvolve funcións de correctora de estilo e tradutora.
a obra
Con so catro libros publicados entre 1986 e 2003, a obra poética de Xela Arias supón unha importante contribución á poesía galega contemporánea, cun estilo literario moi persoal, inconformista e comprometido.