Xela Arias - Portada libro Darío a diario

Darío a diario (1996). O título da obra, moi elocuente, non deixa lugar a dúbidas, é unha galería de sentimentos inspirada na experiencia maternal de Xela Arias. Nun tono extraordinariamente intimista, a poeta vai desgranando momentos, amor e desvelos da súa estreada maternidade, cunha emoción que está patente en todos e cada un dos versos da obra.

Busco o modo de te acompañar sen estorbo,

que sexas ó meu carón feliz e creador

de ti,

de ti e mailo mundo que apañes

escolma

Podes ver e escoitar esta selección poética da obra.