Intempériome (2003) é o último poemario escrito por Xela Arias e representa un exercicio de sinceridade e desnudez, no que a autora expón a súa alma á intemperie.
Está estruturado en tres partes: E así que se me dín que agarda, Corazón cuestión e Vencerse é cousa de se tratar. En cada unha delas aborda diferentes temas, que van da morte á enfermidade, o sida ou a socialización.
De certo, a vida ía en serio.
Por iso morrer non conta
números.
Eras moza,
cómplice dunha derrota que non
sumabas. Feliz por terte insomne
por inmortal
escolma
Podes ver e escoitar esta selección poética da obra.